Un proxecto de Egeria

María Castrillón Subirat

Farmacéutica.

María Camila Lucía naceu en Alcalá de Henares (Madrid) o 16 de setembro de 1895. Morreu en Navia de Suarna o 26 de agosto do ano 1956.

Seu pai Vicente Castrillón Gómez (1859, Puenteareas, Pontevedra, Tenente de Cabaleria), e súa nai Josefa Subirach (1863, Valladolid). Seus avós paternos José Castrillón Polledo (Grado, Asturias) e Camila Gómez Gonzalez (Caldas de Reises, Pontevedra). Seus avós maternos Fermín Subirats Callis(Segovia) e Petra Gómez Barrios (1823, Villadiego, Burgos). Casou con José Ramón Quindós Fernández. Tivo tres fillos Ricardo Manuel, Mª Magdalena Herminia (farmacéutica) e Mª Josefa Carolina

Estudos primarios e de bacharelato

Estudou a ensinanza primaria en Alcalá de Henares.

Estudou Maxisterio (termina o 25 de Xuño de 1915 é o título é de 18 de setembro de 1918) cunhas calificacións moi destacables (El Progreso: diario liberal: Año XVI Número 4778 – 1923 junio 28). Fixo as oposicións, sendo a súa praza na escola de Navia de Suarna.

Para ingresar na universidade prepara no Instituto Nacional de 2 ª Enseñanza de Santiago de Compostela de 1929-31 a convalidación das asignaturas por ser mestra e fixo o exame de ingreso na Universidade en Xuño de 1931.

Estudos Universitarios

Estudou na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela de 1931 a 1940, por libre mentres exercía como mestra como consta na solicitude de matrícula.

Licenciase e obtén o título de licenciada en Xaneiro de 1940.

Carreira professional

Exerceu como farmacéutica en Navia de Suarna de 1941 a 1956 ano no que faleceu.

Outros datos

Como mestra foi moi activa e participou no Congreso Pedagógico de Lugo (1923).

Tamén ten o certificado de estudos en Lingua Francesa da Alliance Francoise no 1915.