Un proxecto de Egeria

Mª Mercedes Díaz Gallego

Farmacéutica.

Naceu en Ferreiros (A Pobra do Brollón) o 24 de outubro de 1901, e morreu en Madrid o 2 de xullo de 1983.

Seus pais foron Jesús Díaz Armesto (1869, Ferreiros, A Pobra do Brollón, labrador) e Clotilde Gallego Nuñez (1869, A Ferreirúa, A Pobra do Brollón). Tivo 4 irmáns: Eduvigis, Antonio (ferroviario), Luís (médico, exiliado en Cuba, EEUU e Venezuela) e María. Casou con Pedro Prieto Prada (avogado e empresario) e non tivo fillos, pero adoptou aos sobriños. Nos anos da posguerra sufriu represión (seu marido estivo no cárcere e seu cuñado foi fusilado).

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou Primaria na escola do seu pobo, sendo seu tío paterno o seu mestre.

Fixo o Bacharelato no Instituto General y Técnico de Lugo, por ensinanza oficial. Ingresou no ano 1914 e terminou no ano 1921 cun expediente de Notable.

Estudos universitarios

Ingresa na Facultade de Farmacia da Universidad Central de Madrid no 1921, e tamén fixo o curso de Óptica. Remata os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela en 1930.

Carreira profesional

Tivo farmacia en Bóveda e despois en Lugo (na antiga Porta de San Fernando, aínda que posteriormente foi trasladada uns metros cara a praza de San Fernando, preto do Instituto de Previsión, ao arranxarse a Muralla). Cando se xubilou vendeu a farmacia e marchou a Madrid.

Outros datos

Foi inspectora municipal, e unha das poucas mulleres que tiveron farmacia nunha capital de provincia. Era moi coñecida a súa boa man no laboratorio, que a levou a conseguir formulacións moi ben presentadas.