Un proxecto de Egeria

  • Sarria

Adelaida Herreros y Corrales

Farmacéutica.

Adelaida Clementina Cristina naceu en Sarria o 24 de xullo de 1906 e morreu en Pontevedra.

Seus pais foron Alfonso Herrero García (1865, Jaén, notario) e Hortensia Corrales de la Vega (1881, O Barco de Valdeorras). Seus avós paternos foron Alfonso Herreros Capilla (Ciudad Real) e Concepción García Picher (Santiago de Compostela), e os maternos Nito Corrales Martínez (O Bolo, Ourense) e Adelaida de la Vega Diéguez (O Barco de Valdeorras). Quedou orfa moi nova e foi coidada pola súa tía Pilar. Tivo tres irmáns: Alfonso (xestor), Concepción e Víctor.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Fixo os estudos de Primaria en Sarria e o Bacharelato no Instituto General e Técnico de Pontevedra, onde ingresa o 25 de xuño de 1917. Estuda de 1917 a 1923, conseguindo un moi bo expediente: 12 Matrículas de Honra, 7 Sobresalientes, 3 Notables e 3 Aprobados. Fai o grao de Bacharel o 16 de xuño de 1923.

Estudos universitarios

Estuda na Facultade de Farmacia entre os cursos 1923-24 e 1928-29. No primeiro curso, que realiza por ensinanza non oficial, obtén un expediente excelente, con 4 Matrículas de Honra, 3 Sobresalientes, 4 Notables e 2 Aprobados. Finalmente consegue o título de licenciada o 25 de marzo de 1929.

Presentouse ao exame de premio extraordinario xunto con María Carmen Saavedra Ascariz.

Carreira profesional

Tivo a oficina de farmacia en Pontevedra, na praza Curros Enríquez 9.