Un proxecto de Egeria

  • Meira

Mª Josefa Fernández Fernández

Inspectora farmacéutica.

María Josefa Fernández naceu en Vilar da Corota (Meira) o 30 de novembro de 1907, e morreu o 8 de setembro de 2003 en Gijón.

Seus pais foron José Antonio Fernández Fernández (1880, Santa Comba de Orrea, Riotorto, industrial) e María Josefa Fernández Arbás (1887, San Isidro de Seixosmil, Meira).

Seus avós paternos foron José María Fernández e María Fernández (ambos de Santa Comba de Orrea), e os maternos Elías Fernández (San Isidro de Seixosmil) e Ramona Arbao (Cangas de Tineo, Oviedo). Tivo cinco irmáns: Antonio, José María (morreu de neno), María Manuela e os xemelgos José María e María Mercedes (morreron con días, xunto coa súa nai). Ademais, tivo 6 medio irmáns: Clara, Julio, María José Alicia, María Blanca Graciela (profesora de Instituto en Lugo), Angélica Margot (morre sendo nena) e María Carmen Isabel.

María Josefa casou con Jesús María Mazoy Rodríguez (industrial, de Transportes Los Dos Hermanos) no ano 1927 e tivo unha filla, María Carmen Olga (farmacéutica), que casaría con Miguel Juan González Martinez (tamén farmacéutico, óptico e analista). Deste enlace naceron dous nenos, do que Juan Miguel (1967, Lugo) é tamén farmacéutico.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou a Primaria na escola pública de Lugo. Despois fixo o Bacharelato no Instituto General y Técnico de Lugo, onde ingresou o 5 de xuño de 1922, por ensinanza oficial. Obtén o título de bacharel o 12 de maio de 1928.

Estudos universitarios

Estuda Maxisterio na Escola Normal de Lugo por imposición paterna, aínda que a súa intención era ir estudar a Santiago. Pero cando casou deixou estes estudos e comeza a súa carreira na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, entre os anos 1927 e 1935.

Carreira profesional

Foi titular e propietaria da oficina de farmacia de Grandas de Salime desde o 7 de marzo de 1936 ata o 25 de xuño de 1985.

Colexiouse no Colegio Oficial de Farmacéuticos de Asturias, co número 139, o 7 de marzo de 1936, e a el pertenceu ata o 8 de setembro de 2003.

Fixo o exame de inspectoras provinciais de Farmacia en Madrid ao terminar a carreira no ano 1936, e foi inspectora farmacéutica municipal de Grandas de Salime desde 1942.

Outros datos

Cando foi para Grandas de Salime era viúva e tiña unha meniña moi pequena. Por aquel entón o seu cuñado quedou coa Farmacia “La Salud” de Lugo. Foi cando se construíu o embalse e medrou moito a poboación da zona, polo que se facían necesarias unha farmacia e unha farmacéutica.