Un proxecto de Egeria

  • Lugo

Irene Lagarón Fórneas

Farmacéutica.

Naceu en Lugo o 2 de setembro de 1907, na Ronda de Castela, e morreu o 29 de outubro do ano 2000.

Seus pais foron Constantino Lagarón Álvarez (Sadradín, entón pertencente a Meira, hoxe a Ribeira de Piquín, industrial en Lugo) e Dolores Fórneas (Santa María de Librán, entón en Meira, hoxe en Baleira). Seus avós paternos foron Benito Lagarón e Antonia Álvarez (Sadradín), e os maternos José Fórneas e Bernarda Lombardero (Santa María de Librán). Tivo un irmá.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Fixo a Primaria na escola pública de Lugo e o Bacharelato no Instituto de Enseñanza Media de Lugo entre 1920 e 1926.

Estudos universitarios

Estudou na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela desde 1926 ata 1934. Obtivo o título o 13 de xullo de 1935.

Foi compañeira de Balbina López Somoza (farmacéutica en O Saviñao), de Felisa Moreno Sierra (farmacéutica en San Cosme de Barreiros) e de María Andrea González Rouco (farmacéutica en Santiago de Compostela).

Carreira profesional

Exerceu como propietaria en Viana do Bolo ata Marzo de 1956. Desde entón exerceu en Salvaterra do Miño ata a súa xubilación.