Un proxecto de Egeria

  • Chantada

Mª Regina Fernández Fernández

Farmacéutica.

María Regina Eulalia naceu na rúa do Comercio de Chantada o 26 de novembro de 1909, e morreu na Coruña o 10 de decembro de 1986.

Seus pais foron José Fernández Fontelo (1885, San Salvador de Asma, Chantada) e Consuelo Fernández Taboada (1889, Santa Uxía de Asma, Chantada). Seus avós paternos foron Domingo Fernández (Santa Uxía de Asma) e Carmen Fontelo (San Salvador de Asma), e os maternos José Fernandez (Santa Uxía de Asma) e Manuela Taboada (Santiago de Requeixo, Chantada). Tivo dúas irmas: María Blanca e Josefina.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou primaria na escola pública de Chantada. O 26 de setembro de 1922 ingresa no Instituto General e Técnico de Lugo, onde fai o curso 1922-23 por ensinanza non oficial non colexiada. En setembro de 1924 traslada o seu expediente ao Instituto de A Coruña, onde remata e acada o título de Bacharel.

Estudos universitarios

Estuda na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela de 1929 a 1933.

Oficina de farmacia

Tivo a farmacia en Carballedo (Chantada) ata a súa xubilación.

Outros datos

Cedeu unha finca para a instalación dun centro de atención sanitaria (consultorio local), hoxe en día xestionado de forma directa polo Servizo Galego de Saúde. Este centro de atención primaria atópase na avenida de Chantada, e atende a toda a zona do Concello de Carballedo.