Naceu en Samos o 30 de setembro de 1914, e morreu en Portomarín o 29 de marzo de 2007.
Seus pais foron Teolindo Valcarce Rodríguez (1882, Zoó, Samos, médico) e Marina Quiroga Macía (1886, Sarria). Seus avós paternos foron Ramón Valcarce Valcarce, (Zoó) e Petra Rodríguez Fernández (Castrodel, Láncara), e os maternos José Quiroga Núñez (Moreda, Monforte, avogado) e Juana Macía Vázquez (Sarria). Tivo oito irmáns, seis homes e dúas mulleres: Juana (mestra) e Eugenia (estudou Medicina).
Estudos de Primaria e Bacharelato
Estudou a Primaria en Samos, e o Bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela entre 1925 e 1931.
Estudos universitarios
Estuda na Facultade de Ciencias e Farmacia de 1932 a 1936 e de 1939 a 1942.
Carreira profesional
Tivo a oficina de farmacia en Portomarín. No vello Portomarín estivo no barrio de San Roque1, a carón da droguería, e no Portomarín novo (a partir de 1963) na rúa Deputación 4.
Outros datos
Desde a súa chegada a Portomarín desenvolveu un gran labor como hixienista, na procura da mellora das condicións dos fogares e do coidado dos nenos.
Tamén estivo moi ao tanto do control do augardente e do cumprimento das normas do metílico.
Polo seu labor e vida adicada a Portomarín foi a primeira muller en recibir do Concello de Portomarín (Lugo) o título de dama da Orde da Alquitara no ano 1989, xunto coa periodista Teresa Castelo Ares.