Un proxecto de Egeria

  • Lugo

Manuela Rosa Doel Traseira

Farmacéutica.

Naceu en Madrid o 26 de xullo de 1915, e morreu en Lugo o 17 de novembro de 1975.

Seus pais foron Manuel Doel Pallín (1876, San Lorenzo de Albeiros, axudante de Obras Públicas) e Consuelo Traseira Carreira (Santiago de Meilán, ama de casa). Seus avós paternos foron Antonio Doel (San Lorenzo de Albeiros) e Rosa Pallín (San Martín de Carballido) e os maternos José Traseira (San Félix de Muxa) e Manuela Carreira (Santiago de Meilán).

Casou co profesor Gonzalo Paz e tivo dous fillos: Rosa (profesora titular de Bioloxía de Universidade) e Gonzalo (médico psiquiatra).

Estudos de Bacharelato

Ingresou no Bacharelato en xuño de 1928, no Instituto de Segunda Enseñanza de Lugo, e alí estivo desde o curso 1928-29 ao 1933-34, cun expediente con maioría de Sobresalientes e Matrículas.

Estudos universitarios

Comeza no curso 1934-35 os estudos de Ciencias Naturales na Universidad Complutense de Madrid. Residiu na Residencia de Señoritas. Ao comezar a guerra foi evacuada a Valencia, a unha casa de acollida, onde estivo tres anos. Despois trasladou o seu expediente a Santiago e matriculouse en Farmacia, onde estudou de 1939 a 1941.

Carreira profesional

Foi profesora na Academia Balmes, xunto co seu marido Gonzalo, antes de abrir a farmacia na rúa Monforte de Lugo, onde exerceu a profesión hasta que faleceu de súpeto.

Outros datos

Foi moi humana e xenerosa, e polo tanto moi querida.

Estudaba constantemente, gustáballe investigar tódolos aspectos farmacolóxicos de interese dos medicamentos.

Preparou receitas maxistrais como práctica habitual. Co doutor Celso Rodríguez preparou unha pomada que chamaron «H», moi beneficiosa polos seus efectos dermatolóxicos, e tentaron patentala.