Un proxecto de Egeria

  • Foz

Marina Villares Piñeiro

Inspectora farmacéutica.

Marina Mercedes naceu o 8 febreiro de 1916 en Nois (Foz), e morreu en Santiago de Compostela o 17 de febreiro de 2007.

Seus pais foron Ramón Villares Vázquez (1880, Cervo, cabo de carabineiros) e Carolina Piñeiro Valcarce (1888, Eirixalba, Sarria, ama de casa). Seus avós paternos foron José Villares González (Cervo, labrador) e Rita Vázquez Mariño (labradora), e os maternos Antolín Piñeiro Rego (San Salvador de Cesar, Sarria) e Dolores Valcarce Castro (Sarria). Tivo cinco irmáns: Rita, María Carolina, Ramón, José e Lucía. Casou con Dionisio Uriarte (veterinario) e tivo tres fillos: Eugenio (catedrático de Universidade), José Luis (médico farmacéutico) e Carolina (bióloga).

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou Primaria na escola pública de Foz, e os estudos de mestra na Escola de Maxisterio de Lugo.

Estudos universitarios

Fixo tamén a preparación para enfermeira, traballo que desenvolveu e que lle axudou a pagar os estudos na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela (1944-49).

Na orla de 1947 aparecen 52 mulleres e 49 homes, unha alta porcentaxe (51,4%).

Carreira profesional

Tivo a oficina de Farmacia en Ponte Carreira (Frades, A Coruña) e despois marchou a Ermúa (Bilbao) ata a súa xubilación.

Outros datos

Foi inspectora farmacéutica municipal de Frades desde o 14 de xuño de 1952.