Blanca Ascensión naceu o 12 de febreiro de 1918 en Barcia (entón pertencía a Meira, hoxe a Ribeira de Piquín), e morreu na Coruña o 20 de marzo de 1995.
Seus pais foron Aníbal Otero Pereiro (militar) e Concepción Álvarez. Seus avós paternos foron José Otero (Santalla) e Rosa Pereiro (Barcia). Tivo cinco irmáns: Adelina (farmacéutica), Florinda, Aníbal, Rosa e Sol.
Estudos de Primaria e Bacharelato
Fixo os estudos de Primaria en Ribeira de Piquín, e o Bacharelato en Valladolid.
Estudos universitarios
Fixo os estudios de Farmacia na Facultade de Santiago de Compostela entre 1941 e 1949.
Carreira profesional
Comezou a súa carreira profesional como substituta na farmacia de don Serafín García (Baralla) desde o 8 de xaneiro ao 30 de xuño de 1957. Despois puxo en marcha a súa propia oficina de farmacia en Cospeito, desde o 23 de febreiro de 1959 ata o 24 de xuño de 1968.