Un proxecto de Egeria

  • Lugo

Lidugvina Cedrón del Valle

Inspectora farmacéutica.

Naceu o 22 de abril de 1918 en Lugo.

Seus pais foron Jesús Cedrón Torrón (1879, San Pedro de Arxemil, O Corgo) e Josefa del Valle García (1875, Lugo, ama de casa). Seus avós paternos foron Manuel Cedrón (San Pedro de Arxemil) e Elisa Torrón (Lugo) e os maternos José del Valle e Dominga García, ambos de Villafranca do Bierzo. Tivo catro irmáns: José (1907), Luís (1909), Jesús (1914) e Fernando (1921).

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou Primaria en Lugo e cursou o Bacharelato no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza desa mesma cidade, por ensinanza oficial. Fixo o ingreso en 1932, e a partir de aí os seis cursos ata 1939, cun expediente moi notable.

Estudos universitarios

Estuda na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela de 1939 a 1944. Fixo o exame e foi inspectora farmacéutica municipal. Tivo a oficina de farmacia en Gomeán (O Corgo) ata a súa xubilación.

Foi da mesma promoción que Antonia Fraga Cabado (farmacéutica en Lugo), Genoveva Ferreiro (farmacéutica en Oza dos Ríos, A Coruña), María Carmen Lage (farmacéutica en Foz) e Hermenegilda Rodríguez (farmacéutica en Lugo).