Naceu en Lugo o 4 de maio de 1918, e morreu na mesma cidade o 3 de marzo de 1987.
Seus pais foron Antonio Fraga Sánchez (mestre) e Antonia Cabado Fraga. Tivo catro irmáns: Avelina, Mercedes, Luis e José.
Estudos de Primaria e Bacharelato
Fixo en Lugo tanto os estudos de Primaria coma os de Bacharelato (estes no Instituto de Ensinanza Secundaria de Lugo).
Estudos universitarios
Ingresou na Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Farmacia, no ano 1939, e alí estudou a carreira ata 1945.
O programa de estudos do curso 1942-43, editado pola Librería González, amósanos como naquel tempo estaban fixados os horarios de clases e os profesores que as impartían no Plan de Estudos.
Foi da mesma promoción que Lidugvina Cedrón del Valle (farmacéutica en O Corgo), Genoveva Ferreiro (farmacéutica en Oza dos Ríos, A Coruña), María Carmen Lage (farmacéutica en Foz) e Hermenegilda Rodríguez (farmacéutica en Lugo).
Carreira profesional
Tivo a súa primeira oficina de farmacia en Laxosa (Lugo). Despois abriuna en Lugo, na avenida 18 de xullo (hoxe chamada Camiño Real), ata a súa xubilación. Esta última segue en funcionamento hoxe en día, rexentada pola súa sobriña, tamén farmacéutica, María Jesús Fraga.
Outros datos
Antonia levaba un rexistro dos estupefacientes que subministraban, que era inspeccionado periodicamente.