Naceu en Madrid o 29 de xuño de 1918 (aínda que foi inscrita o 1 de xullo), e morreu en Lugo o 24 de marzo de 2013.
Seus pais foron Manuel Doel Pallín (1876, San Lorenzo de Albeiros, axudante de Obras Públicas) e Consuelo Traseira (Carreira de Santiago de Meilán, ama de casa). Seus avós paternos foron Antonio Doel (San Lorenzo de Albeiros) e Rosa Pallín (San Martín de Carballido) e os maternos José Traseira (San Félix de Muxa) e Manuela Carreira (Santiago de Meilán). Casou o 22 de maio de 1950 con Antolín Montes Silvosa, tenente de navío da Armada. Tivo catro fillos: Juan, Antolín, Gonzalo (mestres de primaria) e María del Mar (pedagoga).
Estudos de Primaria e Bacharelato
Estudou Primaria no Colexio da Milagrosa de Lugo, e Bacharelato no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza desde 1930 a 1939.
Estudos universitarios
Fixo os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (1941-1945). Estivo na Residencia das Teresianas.
Carreira profesional
Ingresou por oposición no corpo de Inspectores Farmacéuticos Municipales (BOE número 34, de 3 de febreiro de 1947, orde de 29 de xaneiro de 1947). Foi farmacéutica titular en Pedrafita do Cebreiro do 23 de decembro de 1948 ao 16 de xaneiro de 1956.
Desde entón ata o 2 de agosto de 1969 despachou as receitas da Beneficencia Municipal, e despois foi farmacéutica da Beneficencia Provincial na Deputación de Lugo do 2 de setembro de 1974 ao 1 de febreiro de 1976.
Finalmente, foi rexente na Farmacia Doel desde o falecemento de súa irmá, ata que traspasou o negocio.
Outros datos
Fixo un curso de Iniciación de Puericultura (Inspección Provincial de Sanidad de Lugo, xuño-xullo de 1938).
Temos tamén constancia da realización por parte de Consuelo dun curso de Análise Bromatolóxico, Clínico e Bacteriolóxico na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, o 21 de abril de 1945.
Foi ademais mestra de Primeira Ensinanza na Escuela Normal de Lugo.