Un proxecto de Egeria

  • Vilalba

Mª Carmen Peña Rodríguez

Profesora de Matemáticas de Instituto.

Naceu en Vilalba o 30 de xuño de 1919, e morreu nesta mesma vila o 30 de decembro de 2005.

Seus pais foron Antonio Peña Novo (Vilalba, procurador) e Mercedes Rodríguez Prieto (Vilalba, ama de casa). Tivo dúas irmás, e unha delas foi mestra.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Comezou os seus estudos en Vilalba: A Primaria na escola privada “La Inmaculada” e o Bacharelato no Instituto Manuel Murguía, desde 1933 ata 1939.

Estudos universitarios

Estudou na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela de 1939 a 1944, na sección de Química.

Vida profesional

Carmen foi profesora de Matemáticas na Academia Santa María de Vilalba de 1944 a 1965. Aprobou as oposicións de Segunda Ensinanza de Matemáticas e exerceu por un ano a docencia no Instituto Virgen de La Luz de Avilés (curso 1965-66).

Despois trasladouse ao Instituto Basanta Silva (Vilalba) ata a sua xubilación en 1986.

Outros datos

Moi recordada polos seus alumnos, que cariñosamente a coñeceron como “a Peñita”.