Un proxecto de Egeria

Pura Ramona Regueiro Gómez

Farmacéutica e mestra.

Naceu na Fonsagrada o 8 de novembro de 1919, e morreu en Ferrol o 26 de abril de 1998.

Seus pais foron Manuel Regueiro Portela (1887, San Mamed, A Fonsagrada) e María Raquel Gómez (1892, A Fonsagrada). Seus avós paternos foron Antonio Regueiro (San Mamed) e Josefa Portela (Lamas de Soutelo, Meira), e a materna Ramona Gómez (A Fonsagrada). Tivo cinco irmáns: Ángeles, Cecilia, Manuel, Raquel e María Luisa. Casou con Ramón Moreira Martínez.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou Primaria na escola pública do seu pobo e o Bacharelato no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza de Lugo, onde ingresou en 1930. Fixo os dous primeiros cursos por ensinanza non oficial, non colexiada, e os restantes por ensinanza oficial, rematando en 1936.

Estudos universitarios

Ingresa na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela no ano 1939 e termina en 1944.

Carreira profesional

Exerceu de farmacéutica en Ferrol, na rúa Real, ata a súa xubilación en 1989. Foi compañeira de Rosa Nistal Reñones.