Un proxecto de Egeria

Mª Josefa Pérez Fernández

Inspectora farmacéutica.

Naceu en San Luis (Oriente, Cuba) o 12 de decembro de 1919, e un tempo despois a súa a familia veu para A Fonsagrada. Morreu o 16 de agosto de 2010.

Seus pais foron José Pérez Pérez (Outonais, A Fonsagrada, hostaleiro) e Querubina Fernández López (Veiga de Logares, A Fonsagrada). Seus avós paternos foron José Pérez e Florentina Pérez, e os maternos Manuel Fernández e Carmen López. Casou con Ramón Ortiz de Galisteo (veterinario) e tiveron seis fillos (catro mulleres e dous homes): María Carmen foi farmacéutica, outro foi avogado, e os demais, mestres. Os netos de María Josefa foron farmacéuticos.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou Primaria na escola do seu pobo e o Bacharelato no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza de Lugo, onde ingresou no ano 1928. Alí estudou por ensinanza oficial desde o curso 1928-29 ata o 1935-36.

Estudos universitarios

En 1939 comeza os estudos na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, onde rematará en 1944.

Foi amiga e compañeira de Modesta Fernández.

Carreira profesional

Exerceu como farmacéutica na Fonsagrada, e foi inspectora farmacéutica desde 1975. Levaba un diario profesional do seu traballo.