Un proxecto de Egeria

  • Lugo

Genoveva Ferreiro Carballal

Inspectora farmacéutica.

Naceu en Lugo o 19 de decembro de 1919.

Seus pais foron Eduardo Ferreiro (Galegos, xastre e empregado de correos) e María Carballal (Lugo). Tivo dous irmáns: Manuel e María.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Fixo os estudos de Primaria en Lugo, onde tamén estudou o Bacharelato, no Instituto Nacional de Enseñanza Secundaria.

Estudos universitarios

Estudou na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela de 1939 a 1944. Despois fixo as prácticas na Farmacia “La Salud” de Lugo.

Foi compañeira de promoción de Antonia Fraga, María Carmen Lage e Hermenegilda Rodríguez.

Oficina de Farmacia

Tivo a farmacia en Oza dos Ríos (A Coruña) ata a súa xubilación.

Outros datos

Foi inspectora farmacéutica e controlou os produtos da zona de Oza dos Ríos, entre eles os que saían dos muíños de río, onde se producira algunha intoxicación.