O estudo do labor da muller na Ciencia levámolo a cabo desde 2013 no grupo de investigación da USC CienciaNOSA, con actividades dirixidas á Didáctica da Química, á Historia da Ciencia e o Patrimonio Histórico-Científico galego, nas que se inclúen as científicas e a perspectiva de xénero na docencia.

Somos once profesoras e profesores: Manuel Bermejo, María Isabel Fernández, Esther Gómez, Marcelino Maneiro, Ana María González, Rosa Pedrido, Laura Rodríguez, María José Romero, Beatriz Fernández, Inés García, Xoana Pintos e os doutorandos/as en formación que con diversas publicacións vimos traballando sobre Muller e Ciencia.

Do traballo que está a facer o grupo para dar a coñecer o labor desenvolvido polas mulleres, esa metade da historia que está por contar, é boa proba Pioneiras de ciencias de Lugo -exposición e libro-, onde recollemos a biografía das mulleres de Lugo (ou que tiveron relación con Lugo polo seu traballo) nadas ata 1920 e que estudaron carreiras de ciencias.