Un proxecto de Egeria

Aurora Sampedro Piñeiro

Doutora en Química e Investigadora.

Naceu o 15 de xaneiro de 1913 e faleceu o 23 de setembro de 1996 en San Pedro de Benquerencia, Barreiros (Lugo).

Seu pai foi Francisco Sampedro Fuente, Villalibre de Somoza, concello de Luyego (León) e sua nai María Antonia Piñeiro Moreda foi de San Pedro de Benquerencia. Foron industriais.

Estudos primarios e de bacharelato

Fixo a primaria na escola indiana de San Pedro de Benquerencia, Barreiros (Lugo).

Estudou no Instituto de Enseñanza Media de Lugo os primeiros cursos de bacharelato.

Marchou a Madrid no ano 1930, viviu na Residencia de Señoritas, alí completou os dous anos do bachaler da rama de ciencias no Instituto Cervantes, para poder matricularse na Universidade.

Carreira Universitaria

Fixo a carreira de ciencias químicas na Universidade Complutense dende 1932 a 1936. Durante o tempo que durou a Guerra Civil, (1936-1939), tivo que interrumpir os seus estudos. Finalizou a carreira na Universidade de Oviedo en xullo de 1941, coa calificación de sobresaínte.

Continoou cos estudos de doutorado e realizounos tamén na Universidade Complutense, conseguiu o título de Doutora en Ciencias (Sección de Químicas) o 16 de febreiro de 1948. Aurora, investigou sobre os “Oligoelementos en alimentos españois de orixe animal”, no Instituto Español de Fisioloxía e Bioquímica, “Antonio de Gregorio Rocasolano”, do CSIC, Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

Carreira profesional

En 1948 opositou a cátedra de Física y Química de Bacharelato, sendo docente durante unha temporada en Asturias (Boal, Vegadeo) e Madrid. En 1954, por oposición, incorporouse como doutora en ciencias químicas ao laboratorio central de RENFE e permaneceu alí o resto da súa vida laboral. Foi subxefa de división.

No 1961 foi becada pola Fundación Juan March, realizando investigaciones na sección de Radioquímica dla Universidad Complutense sobre análisis espectroquímicos. Fixo 4 publicacións de estos traballos
Asistiu a numerosos congresos internacionais de química.

Ten numerosas publicaciónes científicas:

Unha de análisis de alimento sda súa etapa no Instituto Español de Fisiología y Bioquímica e Instituto de Gregorio Rocasolano. Revista Española de Fisiología, T. IV, número 3, Outubro 1948.

E nove publicacións de estudo de materiales de 1957 a 1977.

Outros datos

Polas súas aportacións á ciencia nos campos da nutrición e dos materiais meatálicos, en 1977 a Real Academia de Doutores nomeouna Correspondente de Ciencias Experimentais.

Estase xestionando o seu recoñecemento oficial nos concellos de Barreiros co nomeamento de “Filla Predilecta” e no de Luyego, como “Filla Adoptiva” e na Xunta de Galicia, para que o próximo ano da ciencia, se lle adique a Aurora Sampedro Piñero, recoñecemento similar que agardamos do Instituto Leonés de Cultura.

Datos: Manuel Rivero Pérez e da familia