Un proxecto de Egeria

Pilar Pardo Ouro

Inspectora farmaceútica

Josefa Pilar naceu o 11 de xaneiro de 1919 en Chorexe, A Ulloa, Palas de Rei (Lugo) e morre o 5 de setembro de 2003 en Lugo.

Seu pai foi José Pardo Esperanza (Chorexe, A Ulloa), foi propietario agrícola e gandeiro e súa nai Purificación Ouro Arias (Leilón, A Ulloa, Palas de Rei, seus labores). Foron nove irmáns: Carmen (1913-30, falecida sendo estudanta de farmacia), Carlos (1914-89, avogado), Bernardino (1916-85, xinecólogo), María (1918-62, súas labores), Felisa (1921-98, mestra), José (1923-30), Luisa (1926-27), Mª Mercedes (1928-2021, farmacia sen rematar).

Estudos primarios e de bacharelato

Fixo os estudos de primaria en Chorexe, Palas de Rei. O bacharelato en Chantada e en Santiago de Compostela).

Carreira Universitaria

Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela de 1943 a 1948.

Carreira Profesional

Seu primer destino como farmacéutica foi en Portomarín (Lugo) onde substituiu a Carmen Peleteiro que se trasladou a Monterroso.

Despois trasladouse a Lugo e tivo a Oficina de Farmacia na Avenida de A Coruña nº 33 (hoxe nº 49) con vivenda nun piso de enriba.

Tiña un recetario onde gardaba as formulacións que preparaba.

Foi Inspectora farmacéutica municipal en Portomarín (Lugo) (BOE de 20 de Marzo de 1953).

Outros datos

No primeiro destino coincidiulle coa construcción do encoro de Portomarín e tivo que trasladar a Farmacia desde a beira do rio a parte alta.

Coinciulle co tempo da poliomelite, as primeiras vacinaciones obrigatorias, ca prevalencia da tuberculose e o bocio na poboación, coa irupción masiva dos antibióticos inxectables , as xeringas de vidro (antes eran metálicas) con agullas recicables e a dispensa de formulacións maxistrais, en forma de supositorios, selos, pomadas, cremas, capsulas, ….. que se preparaban na rebotica ou laboratorio coa axuda de morteiros, estufas, balanzas…

Seu pai teimóu en que todos os fillos (homes e mulleres) fixeran estudios superiores. Para facilitar os estudos en Santiago de todolos irmáns a súa nai trasladouse con eles e vivian nun piso na rúa Virxe da Cerca.

As auxiliares de farmacia que tivo foron irmáns que se substituiron unhas a outras. A mais nova a pesar do traspaso da farmacia segue de xerencia da mesma.