Un proxecto de Egeria

  • Lugo

Mª Carmen Panisse Ferrer

Catedrática de Química de Ensinanza Media e Inspectora farmacéutica

Naceu o 22 de novembro de 1920 en A Coruña. Morreu en Pontevedra o 7 de decembro do ano 2001.

Seu pai Francisco de Paula Panisse Serrano (técnico delineante e funcionario de Obras Públicas) de A Coruña e súa nai María Ferrer Martínez de A Coruña e ama de casa. Seus avós paternos Miguel Panisse e Clara Serrano e os maternos Calixto Ferrer e Adela Martínez.

Tiña 2 irmáns Mª del Portal, Licenciada en Farmacia e en Ciencias, e Adela, mestra.

Casou con Ramón Pérez Cid (Catedrático de Lengua e Literatura no Instituto de Marín (Pontevedra) e tivo 2 fillas Isabel (Licenciada en Ciencias. Biolóxicas, Farmacéutica e Diplomada en Óptica) e Juliana (Licenciada en Filología Inglesa).

Estudos primarios e bacharelato

Fixo a primaria na escola pública de A Coruña, o bacharelato elemental na Academia Galicia e o superior na Escola de Comercio de A Coruña.

O título de bacharelato foi expedido o 29 de outubro de 1937

Estudos Universitarios

Estudou a Licenciatura de Ciencias Químicas na Facultade de Ciencias (Santiago de Compostela) de 1939-43, obtén o título o 12 de Febreiro de 1944.

Na orla está tamén M Asunción Rodriguez-Moldes Ramos e Aurelia Yebra-Pimentel Vidal. Son 30 homes e 24 mulleres.

Xa traballando no ensino medio fixo a Licenciatura de Farmacia (Santiago de Compostela) de 1946-1949 e obtén o título o 26 de Novembro de 1949.

No ano 1972 matriculouse de dous cursos de doutoramento na Facultade de Farmacia: Microbioloxía clínica e Técnicas Instrumentais

Carreira profesional

Comeza a súa carreira como Profesora de Química no Instituto de Puertollano (Ciudad Real) despois no Instituto Femenino de Lugo cando estaba no Pazo de Conde Pallares, pasou logo ao Instituto de Noia (A Coruña) e de seguido a o Instituto de Marín (Pontevedra) onde foi Catedrática de Química e finalmente trasladouse ao Instituto Valle Inclán de Pontevedra ata a súa xubilación.

Fixo a oposición de Inspectora Farmacéutica titular (BOE 5 de Abril de 1950) e por concurso de méritos abriu unha farmacia en Lugo na rúa 18 de Xullo (hoxe Camiño real) nº 18, compatibilizando a profesión coa de catedrática de Instituto, tivo como directoras técnicas da farmacia a Mª Luisa Vázquez Díaz (que montou unha farmacia en Mosteiro,Pol (Lugo) e despois a Mª Carmen Saavedra Ascariz. Colexiouse no Colexio de Farmacéuticos no 1951.

Escribiu un libro “Aceites y grasas de animales marinos”. Pontevedra 1959, sendo Colaborador Centro de Enseñanza Media y Profesional “Almirante Salvador Moreno (Marín, Pontevedra) e para escribilo fixo visitas e estadias ao Centro de Investigacións pesqueiras.

Outros datos

Durante a súa estadía comezou a organizarse o cultivo do mexillón en bateas, eran concesións administrativas polo que solicitaron dúas que lle concederon na Illa de Arousa, vendéronas uns anos despois e aínda hoxe levan o nome de Panisse 1 e Panisse 2.

Como exemplo do traballo sobre Ostras que fixo en investigación pesqueiras están o título e estas gráficas de datos.

Tamén ten un traballo sobre langostas na ría de Marín.