Un proxecto de Egeria

  • Cualquier lugar

Mª CONCEPCIÓN ROCHA PÉREZ

Farmacéutica

Mª Valentina Concepción naceu o 3 de xullo de 1920 en S Salvador de Villarmide , Vilaodriz, A Pontenova (Lugo). Morre o 8 de agosto do ano 1998 en A Pontenova

Seu pai José Rocha Martínez e súa nai Dolores Pérez Gonzalez ambos de (Vilarmide, Vilaodriz, A Pontenova). Os avós paternos Pedro Rocha (Vilarmide) e Camila Martínez (S. Tirso de Abres). Os avós maternos Clemente Pérez e Leonor González ambos de Vilarmide . Foron varios irmáns,.Valentina (estivo un ano matriculada en Farmacia).

Estudos primarios e de bacharelato

Fixo os estudos de primaria en A Pontenova, Lugo.

O bacharelato no Instituto de Lugo e o título de bacharelato Universitario o 23 de Marzo de 1942 en Santiago de Compostela.

Estudos universitarios

Fixo os estudios de Farmacia na facultade de Santiago de Compostela e na Facultade de Madrid e durante os cursos de 1943 a 1950.

Recibiu o título o 13 de xaneiro de 1951.

Carreira profesional

Tivo a oficina de farmacia en Vilaodriz e en A Pontenova (Lugo) onde exerceu ata a súa xubilación.

Outros datos

Moi activa colaborou ca vacinación por todo o Concello, tamén a chamaban para axudar os accidentes domésticos que tiñan lugar cando non estaba o médico.

Unha muller moi moderna e avanzada para o seu tempo que lle gustaba conducir e moi amante dos nenos.