María Isabel Fernández García (02 de xullo de 1949, Tetuán, Marrocos) é Catedrática de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Ciencias de Lugo.

Forma parte do equipo CienciaNOSA, grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica, desenvolvendo a súa actividade en tres liñas fundamentais: “Didáctica da Química”, coa elaboración de novos materiais docentes (audiovisuais, vídeos, etc.); “Historia da ciencia e patrimonio histórico-científico galego”, cun traballo de concienciación sobre a importancia do legado científico e unha posta en valor do traballo das científicas e dos científicos galegos; e “Mulleres e ciencia”, mediante a inclusión da perspectiva de xénero na docencia.

Acaba de publicar os artigos ”Científicas lucenses do século XIX e comezo do XX. As primeiras universitarias de Ciencias de Lugo” (LVCENSIA, número 53, volume XXVII, 2016) e “Manuela A. Barreiro Pico, Ribadense destacada, primeira licenciada en Farmacia de Galicia (1900)” (Ed. Deputación Provincial de Lugo, ISBN 978-84-697-4468-0, 2017), nos que moi brevemente se amosa o itinerario dalgunhas das mulleres científicas protagonistas desta web.

Conta con numerosas publicacións neste campo, en colaboración co grupo de investigación.

Máis información: María Isabel Fernández García

Agradecementos

O meu agradecemento polos datos e fotografías cedidas amablemente polos familiares dalgunhas das mulleres citadas, e polos membros dos arquivos consultados.

Tamén agradezo ás farmacéuticas e farmacéuticos que, consultados sobre as súas antecesoras, sempre estiveron dispostos a facilitarme o labor de localizar a moitas delas, e tamén as/os auxiliares de Farmacia que igualmente colaboraron (algún deles incluso traballou con elas). Sen eses datos este estudo non sería posible.