Adelaida Clementina Cristina naceu en Sarria o 24 de xullo de 1906 e morreu en Pontevedra.
Seus pais foron Alfonso Herrero García (1865, Jaén, notario) e Hortensia Corrales de la Vega (1881, O Barco de Valdeorras). Seus avós paternos foron Alfonso Herreros Capilla (Ciudad Real) e Concepción García Picher (Santiago de Compostela), e os maternos Nito Corrales Martínez (O Bolo, Ourense) e Adelaida de la Vega Diéguez (O Barco de Valdeorras). Quedou orfa moi nova e foi coidada pola súa tía Pilar. Tivo tres irmáns: Alfonso (xestor), Concepción e Víctor.
Estudos de Primaria e Bacharelato
Fixo os estudos de Primaria en Sarria e o Bacharelato no Instituto General e Técnico de Pontevedra, onde ingresa o 25 de xuño de 1917. Estuda de 1917 a 1923, conseguindo un moi bo expediente: 12 Matrículas de Honra, 7 Sobresalientes, 3 Notables e 3 Aprobados. Fai o grao de Bacharel o 16 de xuño de 1923.
Estudos universitarios
Estuda na Facultade de Farmacia entre os cursos 1923-24 e 1928-29. No primeiro curso, que realiza por ensinanza non oficial, obtén un expediente excelente, con 4 Matrículas de Honra, 3 Sobresalientes, 4 Notables e 2 Aprobados. Finalmente consegue o título de licenciada o 25 de marzo de 1929.
Presentouse ao exame de premio extraordinario xunto con María Carmen Saavedra Ascariz.
Carreira profesional
Tivo a oficina de farmacia en Pontevedra, na praza Curros Enríquez 9.
Foi Inspectora Farmacéutica Municipal de Pontevedra, BOE nº 163, 11 de Junio de 1940, Suplemento Escalafón de Farmacéuticos Titulares, Inspectores Farmacéuticos Municipales.