Un proxecto de Egeria

Adelina Otero Álvarez

Farmacéutica.

Adelina Concepción naceu o 1 de maio de 1907 en Barcia (antes Meira, hoxe Ribeira de Piquín), e morreu en Muras o 22 de maio de 1958.

Seus pais foron Aníbal Otero Pereiro (militar) e Concepción Álvarez. Seus avós paternos foron José Otero (Santalla) e Rosa Pereiro (Barcia). Tivo cinco irmáns: Florinda, Aníbal (licenciado en Filosofía e letras, lingüista e escritor), Blanca (farmacéutica), Rosa e Sol. Casou con Demetrio López Díaz e tivo dúas fillas: Olga (licenciada en Matemáticas) e Emma.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Fixo os estudos de Primaria en Ribeira de Piquín, e estudou o Bacharelato en Valladolid.

Estudos universitarios

Fixo os estudios de Farmacia na Facultade de Santiago de Compostela de 1926 a 1932.

Carreira profesional

Tivo a oficina de farmacia en Muras (Lugo), onde exerceu a súa profesión desde marzo de 1935 ata maio de 1958. Morreu moi nova.