Naceu o de 5 de xaneiro de 1919 en A Golada (Ventosa, Pontevedra) e morre o 12 de decembro de 1962 en S Ciprián de Armental (A Peroxa, Ourense). Seu pai foi Julio Yebra-Pimentel e súa nai Manuela Vidal que viviron en A Nogueira, Pesqueiras, Lugo. Foron 6 irmáns: Joaquin (Licenciado en Dereito), Julio (Maxistrado), Luis (Licenciado en dereito), Sara (Licenciada en Farmacia) e Elisa (Licenciada en Farmacia). Casou con Isauro Gonzalez Bobé (médico) e tivo 2 fillos Julio (médico) e Aurelia (médica)
Estudos primarios e de bacharelato
Fixo os estudos de primaria en A Golada (Pontevedra) e os estudos de bacharelato en A Golada (Pontevedra).
Carreira Universitaria
Fixo a Licenciatura de Química na Universidade de Santiago de Compostela de 1939 a 1943 e tamén estudou a carreira de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela dende 1940 a 1949.
Carreira Profesional
Exerceu de farmacéutica en A Barrela (Lugo) ata o seu falecemento sendo moi nova
Foi Inspectora Farmacéutica Municipal (BOE 14/09/1956 co nº 4457 ).
Outros datos
Tamén estudou Maxisterio.
Moi activa colaborou ca vacinación por todo o Concello, tamén a chamaban para axudar os accidentes domésticos que tiñan lugar cando non estaba o médico.