Eloísa Cristina de la Concepción Margarita naceu o 26 de xaneiro de 1911 en Osedo (A Coruña).
Seus pais foron Benito Rivadulla Pascual (1879, Meirás, A Coruña, comerciante) e Eloísa Álvarez Nieves (1883, Celanova, Ourense). Seus avós paternos foron Juan Rivadulla (A Coruña) e Concepción Pascual (Lleida), e os maternos Andrés Álvarez (Allariz) e María Nieves (Cuba). Seu pai traballou no Banco Pastor en Chantada. Tivo un irmán.
Estudos de Bacharelato
Fai o ingreso no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza de Lugo en 1925, e cursa por ensinanza non oficial colexiada ata 1930, ano no que fai a Reválida para ingreso na Universidade.
Estudos universitarios
Estudou en Santiago de Compostela, na Facultade de Medicina, desde 1930 ata 1939.
Carreira profesional
Exerceu como médica-pediatra no Seguro Obrigatorio de Enfermidade (BOE número 191, de 10 xullo de 1951) en Chantada, sendo moi estimada e respectada por tódolos veciños. Foi tamén pediatra na Seguridade Social.
Déronlle o seu nome a un dos colexios de Chantada, o CEIP Eloísa Rivadulla, e tanto o centro educativo coma os propios alumnos lle adicaron una revista.