Un proxecto de Egeria

  • Baralla

Felisa Moreno Sierra

Inspectora farmacéutica.

Naceu o 23 de xaneiro de 1911 en Neira de Jusá, e morreu o 9 de decembro de 2004 en San Cosme de Barreiros.

Seus pais foron Odón Moreno (Neira de Jusá, avogado) e Carmen Sierra (ama de casa). Tivo cinco irmáns. Casou con Manuel Vázquez (médico) e tivo dous fillos: María Victoria (licenciada en Historia da Arte) e Álvaro (administrativo).

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou Primaria no seu pobo, para facer despois o ingreso no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza de Lugo en xuño de 1925. Alí estudou, por ensinanza non oficial, non colexiada, ata o ano 1926, no que traslada o seu expediente a Santiago de Compostela e acada o titulo de bacharel en 1928, no Colexio da Compañía de María de Santiago de Compostela.

Estudos universitarios

Estuda na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela entre 1931 e 1934, obtendo o título en 1935.

Carreira profesional

Superou o exame para Inspectora Farmacéutica, posto que exerceu posteriormente.

Tivo farmacia en Baralla, e despois en San Cosme de Barreiros ata a súa xubilación. Foi tamén analista da Seguridade Social.

Inspectora Farmacéutica de San Cosme de Barreiros, BOE nº 163, 11 de Junio de 1940, Suplemento Escalafón de Farmacéuticos Titulares, Inspectores Farmacéuticos Municipales onde figura co nº 2858 a contar desde 1935 e con 4 meses e 22 días de antigüidade.

Outros datos

Recibiu a Medalla de Galicia (Bronce) en 1999 polo seu labor durante os moitos anos que exerceu a súa profesión.