Un proxecto de Egeria

  • Vilalba

Inocencia Prieto Alonso

Farmacéutica / Inspectora Farmacéutica

Naceu o 17 de Abril de 1919 en Villarramiel (Palencia).

Seus país Alejo Prieto Sanchez, 1890, Villarramiel (Palencia), farmacéutico e súa nai Marciana Alonso, 1893, Villarramiel (Palencia), ama de casa. Seus avós paternos Alejo Prieto e María Sánchez e os maternos Luciano Alonso e Inocencia Alonso todos de Villarramiel (Palencia).

Seus país trasladaronse a Vilalba sendo pequeña e fixo alí a primaria e o ingreso no Instituto Nacional de 2ª Enseñanza de Lugo o 3 de Xuño de 1929.

No bacharelato fixo 1º e 2º no Instituto Elemental de 2ª Enseñanza “Manuel Murguia” de Villalba. E os cursos restantes por ensinanza non oficial non colexiada no instituto Nacional de 2ª Enseñanza de Lugo.

O título de Bachiller foille concedido o 3 de Decembro de 1935 , o prezo de expedicción do titulo foi de 50 pesetas.
Matrículase na Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Farmacia no curso 1935-36 e no curso 1939-40 traslada o expediente a Madrid e termina no ano 1942.

Foi farmacéutica en Vilalba (Lugo) na farmacia que rexentou seu pai.

Foi Inspectora Farmacéutica Municipal de Vilalba, Lugo, Suplemento del BOE nº258 14 de Septiembre de 1956, Escalafón de Farmacéuticos Titulares, Inspectores Farmacéuticos Municipales, onde figura co nº 3117 cun ano de antiguedade.

Tamén foi profesora na academia Santa María de preparación do bacherelato en Vilalba.