Un proxecto de Egeria

  • Begonte

Isabel Santomé Castro

Inspectora farmaceútica

Naceu o 1 de maio de 1920 en Castro de Rei (Lugo) e morre en Bergondo (A Coruña).

Seu pai foi Dario Santomé Engroba (médico, 1871) e súa nai Vicenta Castro y Castro (súas labores. 1891).Os avós paternos Antonio Santomé Barja (S Simos Vilalba) e Josefa Engroba (Sta Leocadia, VIlalba) e os maternos Francisco Castro Pena (Grañas del Sor, Mañón,Lugo) e Consuelo Castro (Cabana, Riobarba,Lugo)

Foron doce irmáns Germán (Avogado), Luis (Avogado), Jorge (Avogado), Agustin (Empresario), Dario (Perito), Camilo (Catedrático de Grego), Carmen, (Farmacia de 1945-51)en Reigosa , A Pastoriza, (Lugo), Mª Josefa (Farmacia de 1946-54) en O Barqueiro, (A Coruña), Mª Teresa (Farmacia de 1949-56) en O Barqueiro (A Coruña), Elisa (Súas labores) e Rosario (Profesora).

Estudos primarios e de bacharelato

Fixo os estudos de primaria e os estudos de bacharelato no Colexio do Sagrado Corazón de Placeres, Marín Pontevedra como alumna interna cas súas irmás e examinabanse por libre no Instituto de Ensimo Medio de Ourense Reválida o 3 do 7 de 1941 con Notable.

Carreira Universitaria

Fixo a carreira de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela dende 1941 a 1942 e despois traslada seu expediente a Universidade de Madrid, Facultade de Farmacia.

Carreira Profesional

Tivo a Oficina de farmacia en Begonte (Lugo).

Local da farmacia en Begonte.

Foi Inspectora farmacéutica municipal de Begonte (BOE 3/02/1947).

Asistiu a numerosos cursos e congresos.

Outros datos

Como inspectora municipal encargábase dos análisis de augas, augardentes e licores e outros alimentos. Tamén aconsellaba sobre normas hixiénicas do fogar e de alimentación da poboación infantil.

Tamén preparaba as formulaciós que receitaban os médicos. Participaba nas campañas de vacinación.