Naceu en Monterroso o 10 de maio de 1920, e morreu en Santiago de Compostela o 15 de marzo de 2015.
Seus pais foron José Antonio Vázquez Miranda (1890, Parada de Amoeiro, Ourense, notario en Monterroso e despois en Ourense) e María Trinidad Navarro (1900, Jimeno de Aguilar, Teruel, ama de casa). Seus avós paternos foron Benjamín Vázquez Rodríguez (Ourense) e Aurelia Miranda Altamira (Parada de Amoeiro), e os maternos José Navarro Aguilar (Teruel) e Antonia Jimeno de Aliaga (Teruel). Casou en 1954 con Manuel Amigo Pose (avogado) e tivo dous fillos: José Manuel (notario) e Javier (profesor titular de Universidade). Viviu en Madrid tres anos, e outros seis en Santiago. Cando casou foi vivir a Mondoñedo tres anos, para vivir logo en Ourense durante 47 anos, e de novo en Santiago de Compostela os derradeiros nove anos da súa vida.
Estudos de Primaria e Bacharelato
Fixo os estudos de Primaria en Monterroso, e solicitou ingresar no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza de Lugo no ano 1929. Non foi admitida ata 1930 por ser moi nova, cando obtivo a cualificación de Sobresaliente, e cursou os restantes anos por ensinanza oficial ata 1936.
Estudos universitarios
Desde 1939 ata 1945 estuda na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta promoción houbo un total de 90 alumnos, dos que só 4 foron mulleres, o que representa unha porcentaxe do 4,4 %.
Carreira profesional
Ao rematar a carreira María Pilar marcha a Madrid para facer o doutorado, e está 3 anos aló traballando na Clínica Universitaria La Paz.
De volta en Santiago, traballará cinco anos como directora no Colexio Maior Virxe do Portal, pero non volveu exerceu a súa profesión.