Mª Asunción Josefa Francisca naceu o 9 de xaneiro de 1913 en Castropol (Asturias). Morre en Santiago de Compostela no ano 2000.
Seu pai Florentino Rodríguez-Moldes y Gonzalez (propietario, Taramundi, Asturias) e súa nai María Ramos y Llanos (propietaria, Vegadeo (Asturias). Os avós paternos Andrés Rodríguez-Moldes Adela González de las Barreras. Os avós maternos Fulgencio Ramos Paredes e Manuela Llano Reinante. Foron 10 irmáns, ela a maior, Mª Concepción (Maruja, enfermeira voluntaria), José (notario), Adela (profesora traballos manuais), Luis (médico), Mª Luisa (oficinista), Manolo (comercial seguros), Josefa (matrona) Rosario (asistente técnica sanitaria) e Dolores (Lolín).
Estudos primarios e de bacharelato
Fixo os estudos de primaria en Castropol.
Fixo o exame de ingreso de bacharelato no Instituto de Ribadeo o 23 de setembro de 1929 e estudou bacharelato no Instituto de Ribadeo dous cursos de 1929 a 1931 e no Instituto de Santiago de Compostela 3 cursos de 1931 a 1934, tendo un brillante expediente de notable alto.
Estudos universitarios
Estuda Farmacia na facultade de Santiago de Compostela de 1934 a 1939.
Fixo os estudios de Ciencias na facultade de Santiago de Compostela de 1939 a 1943. O coincidir estes estudos ca etapa da guerra civil solicita en varias ocasións examinarse de materias.
Carreira profesional
Traballou na oficina de farmacia en Ribadeo (Lugo) (farmacia dos irmáns Casariego que a herdaron e non eran farmacéuticos), onde foi a directora técnica e onde exerceu a súa profesión de farmacéutica ata a venda da farmacia polos irmáns Casariego á farmacéutica Amparo Nieto Cortón.
Foi Inspectora Farmacéutica Municipal de Ribadeo, Suplemento del BOE nº 258, 14 de Septiembre de 1956, Escalafón de Farmacéuticos Titulares, Inspectores Farmacéuticos Municipales, onde figura co nº 4532.
Tamén foi profesora de Química do Instituto de Lugo, no Instituto Laboral de Ribadeo (Lugo) e no Instituto de Tapia de Casariego (Asturias).
Outros datos
Cando se xubila marcha a vivir a Santiago de Compostela. coas súas irmáns.