Naceu en San Miguel de Reinante o 11 de decembro de 1916, e morreu en Foz o 30 de novembro de 2014.
Seus pais foron Modesto Lage Soto (1873, Ribadeo, médico) e Josefa Súarez Fernández (1886, Ribadeo, ama de casa). Seus avós paternos foron Francisco Lage Prado (O Saviñao) e Modesta Soto González (Ribadeo), e os maternos Luís Suárez Prado (Lugo) e Severina Fernández Lanza (Ribadeo). Tivo cinco irmáns: Modesto, José Luis (Banco de España), María Teresa (ama de casa), Manolo (oficinista en Pescanova) e Antonio (licenciado en dereito e en xornalismo, documentalista na axencia EFE).
Estudos de Primaria e Bacharelato
Comezou a Primaria na Escola de San Miguel de Reinante, e despois pasou á de Ribadeo. Fixo o Bacharelato na Academia (Colexio de San Luís) de Ribadeo.
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela no ano 1941 e acadou o título de mestra de Primeira Ensinanza.
Estudos Universitarios
Estudou na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela entre 1939 e 1944, e posteriormente fixo as prácticas na Farmacia Bescansa de Santiago.
Na orla de 1941-44 aparece a primeira pola esquerda, e tamén están as súas compañeiras (e tamén pioneiras) Antonia Fraga Cabado, co número 8, Genoveva Ferreiro co 38, Liduvina Cedrón co 49 e Hermenegilda Rodríguez co 93. Dos 96 titulados, 50 son mulleres (un 52%).
Carreira profesional
Tivo a Farmacia en Foz, na avenida da Mariña. Comproulla en 1945 a María Rosa Alonso, que tamén tivo farmacia en Fornelos de Montes e en Xove.
Foi inspectora de Sanidade do municipio, polo que tiña que revisar periodicamente os niveis de cloro da traída de augas, e facer inspeccións a muíños, panaderías, etc.
Outros datos
Durante os estudos fixo viaxes académicas a Vigo, Pontevedra e Cangas.