Naceu en Monterroso o 27 de decembro de 1907, e morreu en Lugo o 6 de decembro do ano 2000.
Seus pais foron Antonio Peleteiro García (1871, farmacéutico) e Divina Pazos (1871, ama de casa), ambos de Tenorio, Cotobade, Pontevedra. Seus avós paternos foron Manuel Peleteiro Peleteiro e Josefa García Cobas (ambos de Tenorio). Tivo sete irmáns: Carmen (morre sendo nena), Avelina, Divina, Ladislao (farmacéutico), Araceli, Osmunda (mestra) e Manuel (farmacéutico en A Golada). Casou con Antonio Reverendo (secretario de Concello).
Estudos de Primaria e Bacharelato
Estudou a Ensinanza Primaria en Monterroso, e o Bacharelato no Colexio da Compañía de María de Santiago de Compostela como alumna interna.
Estudos universitarios
Estudou na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela de 1928 a 1932, e despois trasladou o seu expediente a Barcelona, onde terminou a carreira.
Carreira profesional
Exerceu como farmacéutica en Cangas do Morrazo e posteriormente en Portomarín por pouco tempo.
Na súa oficina de farmacia en Monterroso exerceu ata a súa xubilación no ano 1977.