Un proxecto de Egeria

  • Lugo

Mª de la Paz Gasalla Rivero

Primeira médica oftalmóloga.

Naceu en Lugo o 16 de marzo de 1918, e morreu nesa mesma cidade o 5 de outubro de 1993.

Seus pais foron Leopoldo Gasalla Domínguez (1895, San Salvador de Mosteiro, Palas de Rei, médico oftalmólogo) e María de la Paz Rivero González (1892, Villaviciosa, Asturias, ama de casa).

Tivo seis irmáns: Leopoldo (médico), María Luisa, María Helena (1915, farmacéutica), María Carmen (1916, ATS), Federico (1930, avogado) e María Luz.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou a Primaria en Lugo e ingresou no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza en xuño de 1931. Alí cursou por ensinanza oficial os seis cursos de Bacharelato (1931-1937).

Estudos universitarios

Cursou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela entre 1939 e 1945. Na súa promoción eran 4 mulleres e 84 homes. Foi compañeira de Pilar Navarro.

Carreira profesional

Fixo a especialidade de Oftalmoloxía na clínica de seu pai (o doutor Gasalla). Desempeñou a súa profesión en Lugo, primeiro na súa consulta privada na rúa Armañá e despois na rúa Ourense. Fixo a oposición como oftalmóloga ao Hospital Provincial o 14 de outubro de 1957.

Asistía con regularidade a congresos nacionais da súa especialidade.