Un proxecto de Egeria

  • Cualquier lugar

Mª DOLORES FREIRE MACEDA

Inspectora farmaceútica

Naceu o de 17 de xullo de 1919 en S Miguel de Reinante (Lugo) e morre o 17 de febreiro de 2018 en Lugo.

Seu pai foi Marcelino Freire Amieiro (Vilanova de Lourenzá, Lugo, Empresario de Transporte de viaxeiros) e súa nai Julia Maceda (S Miguel de Reinante, Lugo, súas labores). Tivo 2 irmáns: Marcelino Freire Núñez. Empresario de Transporte de viaxeiros e María del Carmen Freire Núñez súas labores. A súa cuñada Olivia Donado (farmacéutica) e os sobriños Marcelino (avogado), Gaspar (empresario), Guillermo (farmacéutico) e Ana.

Estudos primarios e de bacharelato

Fixo os estudos de primaria na escola pública en S Miguel de Reinante (Lugo) probablemente na escola habaneira creada no 1925.

Os estudos de bacharelato fixoos no Colexio da Compañía de María (Enseñanza) de Santiago de Compostela.

Carreira Universitaria

Fixo a carreira de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela dende 1943 a 1949.

Carreira Profesional

Exerceu de farmacéutica en Cervo (Lugo) e despois tivo a Oficina de Farmacia en S Roque nº 195 en Lugo ata o sua xubilación. Foi Inspectora Farmacéutica Municipal en Cervo (Lugo) (BOE 14/09/1956). Diante da farmacia en Lugo

Outros datos

Na súa Farmacia e laboratorio de Cervo e en Lugo preparaba formulacións maxistrais.

A súa chegada a Lugo estivo vivindo varios anos no Gran Hotel de Lugo e posteriormente viviu na rúa San Roque. Xa xubilada e na etapa final da súa vida estivo na Residencia Fogar de San Roque de Lugo.