Naceu en Sarria o 27 de xaneiro de 1902.
Seus pais foron Juan López Cela (1869, Sarria) e Benilda Fernández Méndez (1881, Gomeán). Seus avós paternos foron Juan López Yáñez e Lorenza Cela Saco (Samos), e os maternos Juan Fernández Sánchez (Gomeán) e Dolores Méndez López (Corbelle, Sarria). Tivo catro irmáns: Luisa, Rosa (monxa clarisa), Rafael e Juan. Casou e tivo un fillo. Viviu en Madrid.
Estudos de Primaria e Bacharelato
Estuda a Primaria na escola pública de Sarria, e posteriormente fixo o Bacharelato no Instituto General y Técnico de Lugo, onde obtivo o título en 1917.
Estudos universitarios
Estuda na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela de 1926 a 1931, cun expediente moi notable (no primeiro curso obtivo unha Matrícula).
O 12 de xullo de 1932 fai o depósito para a obtención do título, que foi expedido o 12 de agosto de 1932.