Naceu en Samos o 30 de setembro de 1914, e morreu en Portomarín o 29 de marzo de 2007.
Seus pais foron Teolindo Valcarce Rodríguez (1882, Zoó, Samos, médico) e Marina Quiroga Macía (1886, Sarria). Seus avós paternos foron Ramón Valcarce Valcarce, (Zoó) e Petra Rodríguez Fernández (Castrodel, Láncara), e os maternos José Quiroga Núñez (Moreda, Monforte, avogado) e Juana Macía Vázquez (Sarria). Tivo oito irmáns, seis homes e dúas mulleres: Juana (mestra) e Eugenia (estudou Medicina).
Estudos de Primaria e Bacharelato
Estudou a Primaria en Samos, e o Bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela entre 1925 e 1931.
Estudos universitarios
Estuda na Facultade de Ciencias e Farmacia de 1932 a 1936 e de 1939 a 1942.
Carreira profesional
Tivo a oficina de farmacia en Portomarín. No vello Portomarín estivo no barrio de San Roque1, a carón da droguería, e no Portomarín novo (a partir de 1963) na rúa Deputación 4.
Foi Inspectora Farmacéutica Municipal de Portomarín, Suplemento del BOE nº 258, 14 de Septiembre de 1956, Escalafón de Farmacéuticos Titulares, Inspectores Farmacéuticos Municipales, onde figura co nº 2039 e con 8 anos de antigüidade.
Outros datos
Desde a súa chegada a Portomarín desenvolveu un gran labor como hixienista, na procura da mellora das condicións dos fogares e do coidado dos nenos.
Tamén estivo moi ao tanto do control do augardente e do cumprimento das normas do metílico.
Polo seu labor e vida adicada a Portomarín foi a primeira muller en recibir do Concello de Portomarín (Lugo) o título de dama da Orde da Alquitara no ano 1989, xunto coa periodista Teresa Castelo Ares.