Un proxecto de Egeria

  • Lugo

Mª Helena Gasalla Rivero

Farmacéutica.

María Helena naceu en Lugo o 18 de xaneiro de 1915.

Seus pais foron Leopoldo Gasalla Domínguez (1895, San Salvador de Mosteiro, Palas de Rei, médico oftalmólogo) e María de la Paz Rivero González (1892, Villaviciosa, Asturias, ama de casa). Seus avós paternos foron Pedro Gasalla González (Bretoña, Pastoriza) e Ángela Domínguez Ocampo (San Salvador de Mosteiro), e os maternos José Ramón Rivero Rosales e Elena González del Rey (Villaviciosa). Tivo seis irmáns: Leopoldo (médico), María Luisa, María del Carmen (1916, ATS), María Paz (1918, oftalmóloga), Federico (1930, avogado) e María Luz. Casou con Juan Raposo (xinecólogo) e viviron en Ourense, onde tiveron dúas fillas: Cristina (farmacéutica, analista da Seguridad Social) e María Paz (oftalmóloga).

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou a Primaria en Lugo, e ingresou no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza en xuño de 1926. Alí cursou, por ensinanza oficial, os seis cursos do Bacharelato.

Estudos universitarios

Fixo a carreira de Farmacia na facultade correspondente de Santiago de Compostela entre 1939 e 1947. Tivo farmacia en Ourense ata a súa xubilación.