Naceu o 8 de setembro do 1918 na Fonsagrada, e morreu o 1 de xullo de 1997 en Baleira.
Seus pais foron Manuel Fernández Cernedo (1872, A Fonsagrada) e Dolores Ferreiro Carballedo (1883, San Martín de Suarna, A Fonsagrada). Seus avós paternos foron Manuel Fernández e Maximina Cernedo (A Fonsagrada) e os maternos Pedro Ferreiro (Ferreiroá, Fonsagrada) e Soledad Carballido (San Martín de Suarna). Casou con Manuel Prieto e tivo dous fillos: Manuel e Mar (farmacéutica).
Estudos de Primaria e Bacharelato
Fixo a Primaria na escola pública de Fonsagrada, e ingresou no Instituto de Segunda Enseñanza de Lugo en Setembro de 1928. Cursou os estudos por ensinanza non oficial, non colexiada, ata 1934.
Estudos universitarios
María Modesta fixo os estudos de Maxisterio en Lugo. Posteriormente estudou na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela, desde 1939 a 1944. Foi compañeira de María Josefa Pérez e de Ramona Regueiro.
Carreira profesional
Rexentou a farmacia de Baleira ata a súa xubilación.
Foi Inspectora Farmacéutica Municipal de Baleira, Suplemento del BOE nº 258, 14 de Septiembre de 1956, Escalafón de Farmacéuticos Titulares, Inspectores Farmacéuticos Municipales, onde figura co nº 3103 e un ano de antigüidade.
Outros datos
Exerceu de mestra, e así puido contribuír a pagar os seus estudos de Farmacia.