Naceu o de 23 de xullo de 1920 en San Pedro de Mor (Alfoz, Lugo) e morre o en Monforte o 20 de xaneiro de 1990.
Seu pai foi José Ramón Fernandez Palmeiro (S Pedro de Mor, Afoz, Lugo1889,) e súa nai Leonor Pardeiro Casabella (S Pedro de Mor, Alfoz, Lugo) ambos propietarios. Seus avós paternos Pedro Fernández e Rosa Palmeiro ambos de S Pedro de Mor, Alfoz, Lugo e os maternos José Pardeiro e Josefa Casabella ambos de Frejulfe, Val de Ouro, Lugo. Tivo unha irmá Rosa
Estudos primarios e de bacharelato
Fixo os estudos de primaria en S Pedro de Mor, Alfoz, Lugo.
Os estudos de bacharelato no Instituto de Lugo e o bacharelato universitario con sobresaliente en Santiago en Xullo de 1941. O título do bacharelato foi expedido o 23 de marzo de 1942.
Carreira Universitaria
Fixo a Licenciatura de Química1 na Universidade de Santiago de Compostela de 1941 a 1946.
Tivo un expediente Notable e a Matricula de honra en Xeoloxia aplicouna a Química Inorgánica.
Carreira Profesional
O acabar a carreira Ingresou no Convento de Santa Clara (Clarisas) de clausura de Monforte onde viviu o resto da sús vida. Exerceu de Maestra de Novicias e foi proposta varias veces para Abadesa, posto que rechazou.
Outros datos
Foi Conselleira da Federación de Clarisas de España (a Federación a forman 40 conventos).
Tamén formou parte do Consello do convento, do discretorio (así se lle chama) xunto coa Abadesa do convento.