Un proxecto de Egeria

  • Chantada

Mª Regina Fernández Fernández

Farmacéutica / Inspectora Farmacéutica

María Regina Eulalia naceu na rúa do Comercio de Chantada o 26 de novembro de 1909, e morreu na Coruña o 10 de decembro de 1986.

Seus pais foron José Fernández Fontelo (1885, San Salvador de Asma, Chantada) e Consuelo Fernández Taboada (1889, Santa Uxía de Asma, Chantada). Seus avós paternos foron Domingo Fernández (Santa Uxía de Asma) e Carmen Fontelo (San Salvador de Asma), e os maternos José Fernandez (Santa Uxía de Asma) e Manuela Taboada (Santiago de Requeixo, Chantada). Tivo dúas irmas: María Blanca e Josefina.

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou primaria na escola pública de Chantada. O 26 de setembro de 1922 ingresa no Instituto General e Técnico de Lugo, onde fai o curso 1922-23 por ensinanza non oficial non colexiada. En setembro de 1924 traslada o seu expediente ao Instituto de A Coruña, onde remata e acada o título de Bacharel.

Estudos universitarios

Estuda na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela de 1929 a 1933.

Oficina de farmacia

Tivo a farmacia en Carballedo (Chantada) ata a súa xubilación.

Outros datos

Cedeu unha finca para a instalación dun centro de atención sanitaria (consultorio local), hoxe en día xestionado de forma directa polo Servizo Galego de Saúde. Este centro de atención primaria atópase na avenida de Chantada, e atende a toda a zona do Concello de Carballedo.

Inspectora Farmacéutica de Carballedo, Chantada,  BOE nº 163, 11 de Junio de 1940, Suplemento Escalafón de Farmacéuticos Titulares, Inspectores Farmacéuticos Municipales  onde figura co nº 2758 a contar desde 1935 e con 10 meses e 6 días de antigüidade.