Un proxecto de Egeria

  • Cualquier lugar

Mª ROSA ALONSO MARTÍNEZ

Farmacéutica

Mª Rosa naceu o 25 de xaneiro de 1914 en Crecente (Pontevedra).

Seu pai Francisco Alonso Losada (A Rivera, Crecente 1885, canteiro) e súa nai Pura Martínez Rodríguez (A Rivera, Crecente, 1884). Os avós paternos Manuel Losada (A Rivera, Crecente, labrador, 1830) e Jesusa Losada (Crecente, 1850, labradora. Os avóa maternos Benito Martínez (Tenorio,Cotobade, 1841, labrador) e Joaquina Rodríguez (A Rivera, 1832, labradora). Foron 9 irmáns José, Aquilino, Dario,.Benito, Rosa, Alicia, Manuel, María e Segunda.

Casou con Jose maría Teijeiro Rodriguez del Riego (médico) e tivo catro fillos Alicia, Emilio, José e Luis.

Estudos primarios e de bacharelato

Fixo os estudos de primaria en A Rivera, Crecente, Pontevedra

O exame de ingreso ao bacharelato no Instituto de Pontevedra o 19 de setembro de 1925 e o curso 1925-26 en dito Instituto. De 1926 a 1931 estudou no Instituto 2ª Enseñana de Santiago de Compostela.

Estudos universitarios

Fixo o exame do título de Bacharelato Universitario de Ciencias (Decreto 27 de Abril de 1931) é o título é de o 20 de Febreiro de 1932.

Estudou Farmacia na facultade de Santiago de Compostela de 1931 a 1938.

O exame de grao en Marzo de 1938.

Disfrutou de beneficios por pertencer a familia numerosa (R.D 21 de Xuño de 1926 regulado polo reglamento de decembro de 1926) durante toda a carreira.

Carreira profesional

Exerceu na oficina de farmacia en Fornelos de Montes (Ourense), e en Foz (Lugo) onde exerceu ata que vendeu a farmacia para que seu home médico comprara un aparello de raíos x. Mais tarde exerceu en Xove.

Outros datos

Xa viuva marchou a Vigo xunto dunha irmá monxa ca que viviu ata o seu falecemento.