Un proxecto de Egeria

  • Ourol

Mª Segunda Vázquez García

Farmacéutica.

Naceu o 1 de marzo de 1908 en Vilares (Merille, Ourol), e morreu en Betanzos (A Coruña) o 10 de outubro de 1986.

Seus pais foron José Vázquez García (1879, Burgo, Muras, labrador) e Carmen García Polo (1881, Vilares, Merille, Ourol, ama de casa). Seus avós paternos foron Manuel Vázquez (As Pontes de García Rodríguez) e Juana García de Burgo (Muras), e os maternos José García (Vilares) e Juana Polo (Landrove, Viveiro). Tivo catro irmáns: Daniel (médico), María Remedios (farmacéutica), Manuel (médico) e Nieves. Casou con Wenceslao Martínez (caixeiro do Banco de España) e tivo un fillo (Wenceslao Martínez Vázquez).

Estudos de Primaria e Bacharelato

Foi á escola de Merille, onde fixo a Primaria, e posteriormente estudou o Bacharelato no Instituto de Enseñanza Secundaria de A Coruña.

Estudos universitarios

Estudou na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela de 1926 a 1934. Foi compañeira de Balbina López Somoza (farmacéutica en O Saviñao), de Felisa Moreno Sierra (farmacéutica en San Cosme de Barreiros), de María Andrea González Rouco (farmacéutica en Santiago de Compostela) e de Irene Lagarón Fórneas (farmacéutica en Salvaterra do Miño).

Carreira Profesional

Foi titular de oficina de farmacia na Coruña, na Praza de Pontevedra, do 13 de decembro de 1934 ao 16 de abril de 1980.