Naceu o 29 de outubro de 1919 en San Salvador de Sambreixo (Monterroso), e morreu na Coruña o 2 de febreiro de 1996.
Seus pais foron José Antonio Vázquez García (1894, San Salvador de Sambreixo, labrador) e Carmen Méndez Pereira (1895, San Lorenzo de Pedraza, Monterroso, ama de casa). Seus avós paternos foron José Vázquez (San Salvador de Sambreixo) e Ascensión Garcia (Vilareda, Palas de Rei), e os maternos Ángel Méndez (San Lorenzo de Pedraza) e Visitación Pereira (Esporiz, Monterroso). Tivo tres irmás: María Carmen (licenciada en Química), Alicia e Paz (mestra).
Estudos de Primaria e Bacharelato
Estudou Primaria na escola pública de Sambreixo, e fixo o Bacharelato nunha academia de Monterroso, examinándose no Instituto de Enseñanza Media de Lugo e obtendo o título o 22 de xullo de 1941.
Estudos universitarios
Estudou Farmacia de 1938 a 1944 na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o título de licenciada o 16 de marzo de 1954. Fixo tamén a carreira de Maxisterio en Guipúscoa, acadando o título o 31 de agosto de 1953.
Carreira profesional
Ingresou na orde da Compañía de María, e marchou de misioneira a Kinshasa (O Congo), onte estivo 31 anos. Creou a escola de enfermería de Kinshasa. Alí tamén exerceu de mestra, ensinando a numerosas xeracións e contribuíndo ao desenvolvemento da poboación.
Outros datos
Recibiu o Lazo de Dama da Orden de Isabel la Católica o 4 de xuño de 1986 polo seu meritorio labor.