Nace o 4 de agosto de 1920 en Ságua la Grande, Sta Clara (Cuba) e morre o 16 de marzo de 2004 en (Lugo).
Seu pai foi Jesús Seibane (A Pastoriza) industrial e súa nai Filomena Gallego de S.Cosme de Piñeiro, (A Pastoriza).con estudos de bacharelato e ama de casa.
Casou con Juan María Gainza Santa Cruz, licenciado en Ciencias Químicas na Universidade de Salamanca e tivo unha filla María Esther Gainza Seibane, licenciada en Bioloxía mariña e licenciada en Farmacia
Estudos primarios e de bacharelato
Fixo os estudos de primaria en Madrid de volta de Cuba por mor de atoparse enferma e virse para España ca súa nai.
Comeza os estudos de bacharelato en Madrid e continoou en Vilalba no Hospital asilo que funcionou como Colexio Subvencionado ao non acadar o concello a cantidade de 40000 pts para 1que fose Instituto de Ensinanza Media fronte as de 15000 pts de Colexio Subvencionado, os cursos 1933-34 e 1934-35.
Despois fai os Estudos de Maxisterio en Lugo e acada o Título de Mestra de 1ª Ensinanza.
A instancia da súa nai, xa viuva, e que era unha muller preparada xa que fixera o bacharelato, continua cos estudos de Farmacia.
Carreira Universitaria
Fixo a carreira de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela dende 1941 a 1946.
Acada o título de Farmacéutica o 31 de decembro de 1946.
Da súa promoción é M ª Amalia Touza Pérez.
Carreira Profesional
Exerce na Farmacia en Castro de Rei (Lugo) e foi Inspectora Farmacéutica Municipal (BOE 14709/1956).
Trasládase a Lugo a mediados doa anos 70 e ten a Farmacia na rúa Montero Rios 18 e despois en Montero Ríos, 29, ata a súa xubilación
Tiña un recetario onde gardaba as formulacións que preparaba.
Outros datos
Homenaxe aos 25 anos de servizo en Castro de Rei, Lugo.
Pertenceu a Asociación de antiguos alumnos de Farmacia e tiñan reunión con frecuencia en Santiago.
Moi activa colaborou con Caritas participou na Coral da parroquia de San Roque (Lugo).
Fixo cursiños para actualizarse de informática, galego, (iniciación e perfeccionamento), fontanería e electricidade. Tamén de Cociña