María Isabel López Cotarelo (así figura na partida de nacemento aínda que despois chamouse María) naceu o 30 de xuño de 1894 en Taramundi (Asturias) e morre en Ribadeo (Lugo) o 25 de Abril de 1960.
Seu pai foi Antonio López García (médico, 1864, Piñeiro, Asturias) e súa nai Filomena Cotarelo Cotarelo (1864, Taramundi, Asturias). Os avós paternos Antonio López Cancelos, (propietario, Piñeiro, Asturias) e Antonia García Arguelles (Arredondas, Asturias), os maternos José Cotarelo Piñeiro (Lourido de Goge, S. Tirso de Abres, Asturias e Benita Cotarelo (Aguillón, Asturias).
Foron sete irmáns Antonio (médico), María (farmaceútica), Carmina, Isabel (Licenciada en Filosofía e Letras), José Benito (more os 18 anos) e os xemelgos que morren novos .
Casou con Luis Suárez Couto (tivo unha granxa de pitos co seu irmán Amando en Vicálvaro, Madrid), os irmáns Suárez Couto teñen adicado un monolito no monte de Santa Cruz de Ribadeo. Non tiveron fillos.
Estudos primarios e de bacharelato
Fixo os estudos de primaria en Ribadeo e os estudos de bacharelato no Instituto general y Técnico de Oviedo onde ingresa o 1 de Xuño de 1909 e no 1911-12 traslada o expediente ao Instituto general y Técnico de Santiago de Compostela.
Os exames de final de bacharelato fainos en 1913 e obtén o título de Bacheller o 27 de febrero de 1913.
Ten un bo expediente cunha media de notable
Carreira Universitaria
Estuda Maxisterio na Escola Normal de A Coruña e termina en 1914.
Comeza a carreira de Farmacia1 na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1914-1915 e continua no 1915-16.
Despois traslada seu expediente a Universidade de Madrid, Facultade de Farmacia de 1916-17 ata 1921-22. Neste tempo reside na rúa Alcalá 66.
Traslada o expediente novamente a Santiago no curso 1922-23.
Termina no curso 1923. Son unha muller e 36 homes.( El Eco de Santiago, Año XXVIII Num 12081 (22/5/1924).
O 30 de Xuño de 1927 fai o depósito do título e recolleo no ano 1929. (El Progreso Año XXII Num 6669, (1/5/1929).
Carreira Profesional
Colexíase no Colexio Oficial de Farmaceúticos de Lugo (COFL) onde ingresa o 25 de setembro de 1932.
Exerce de directora técnica na farmacia de Casariego en Ribadeo durante uns anos.
Dáse de alta de novo no C:O:F:L: o 29 de Abril de 1949 para exercer como directora técnica da droguería Norte de Ribadeo onde exerce dous anos.
Solicita colexiarse en Asturias e así ingresa o 27 de novembro de 1952 co nº 313 e rexenta unha farmacia en Sta Eulalia de Oscos (Asturias).
O 15 de marzo de 1958 dase de baixa no colexio e trata de mercar unha farmacia en Ribadeo pero finalmente o 5 de xullo adquire a farmacia de A Corredoria (Oviedo) ata a súa norte o 25 de Abril de 1960.
Agradecemento: A súa sobriña Concha Parga polas fotos e a os historiadores Tomás Sanjurjo e Chemi Lombardero por poñerme en contacto con Concha. Aos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Lugo e Asturias.