Un proxecto de Egeria

  • Pol

María Luisa Vázquez Díaz

Inspectora farmaceútica

Naceu o de 11 de outubro de 1917 en San Cucao de Llanera (Asturias) e morre o 28 de Abril de 2008 en Madrid. Seu pai foi Vicente Vázquez Fernández foi albañil e súa nai María Cleofé Diaz Tamargo ama de casa. Ambos de San Cucao (Asturias). Foron oito irmáns: Ramón (garda civil), Maruja (morreu nova por unha explosión na fábrica de explosivos onde traballaba), Margarita (morreu de tifus en 1940), Esther (súas labores), Modesto (militar e taxista), Luis (mineiro), Aurelio (traballou no concello de Posada, Asturias). Ela era a segunda.

Súa nenez foi moi dura, viviu co seus tíos Román e Rufina, que tiñan nunha vaquería e unha mellor posición social, e a convivencia foi complicada ainda que seu tío Román queríaa moito.

Casou o 20 de setembro de 1949 con Jesús Nieto Castro mais maior que ela de profesión médico. Este non lle permitiu exercer de farmaceútica e separáronse. Naquela época no existía o divorcio e ela acolleuse ao dereito de admisión na farmacia. Cando morre no 1967, ela renuncióu a súa erdanza. Tivo sobriños a os que amadriñou.

Estudos primarios e de bacharelato

Fixo os estudos de primaria e ensinanza media no colexio Jesús María de Madrid. Na sua xuventude, ia os comedores sociais e traballou nunha leiteria para poder pagarse a carreira de farmacia

Carreira Universitaria

Estudou farmacia na Universidade de Madrid. O día 10 de xaneiro de 1943 deronlle a última nota da carreira. Suas notas era sobresalientes e cando lle deron un notable mareouse e a tiveron que levar a súa casa. Na universidade fixo amistade con Enrique Tierno Galván, co quen se carteou toda a súa vida. Deseguido colexiouse no Colexio Farmacéutico de Madrid o 20 de setembro de 1943 co número de colexiado 158.

Carreira Profesional

Seu primer destino como farmacéutica foi en Vega de Valcárcel (León) onde exerceu como farmacéutica libre. Exerceu de directora ténica na Farmacia de Mª Carmen Panisse Ferrer na rúa 18 de xullo de Lugo. Despois abriu a oficina de Farmacia en Mosteiro, Pol (Lugo), primeiro instalouse nun baixo na praza de Rosalia de Castro nun garaxe que lle alquilaron con so un lavabo, unha pequena cociña e unha cama, Puxo estanterías de madeira maciza ata o teito e separando as estancias.

No 1980 solicita facer un novo edificio e o concello concédelle licencia para unha farmacia nova no baixo nunha casa con piso de vivenda enrriba, na Praza Galicia. Foi Inspectora Farmacéutica Municipal (BOE 12 de novembro de 1943), controlando as augas do concello de Pol.

Xubilouse o 30 de Xuño de 1985.

Tiña un recetario onde gardaba as formulacións que preparaba.

Outros datos

Recibiu un Homenaxe do concello cando se xubilou o 30 de Xuño de 1985 de Mosteiro, Lugo. Como Farmaceutica Titular recibiu do concello a compensación económica polas medicinas que cedia gratuitamente como acción social-.

Moi activa colaborou ca vacinación por todo o Concello, tamén a chamaban para axudar os enfermos termináis cos que estaba ata varios días.

María Luisa tamén traballou en investigacions sobre a penicilina e as vacinas.

Antes de marcharse de Mosteiro doóu un millón de pesetas para arreglar o cemiterio, onde ten unha estatua.

No pobo tiñanlle moito respeto, tiña un carácter forte, ao entrar na farmacia, a xente quitabanse as botas embarradas para non manchar a farmacia. Ela era Dona Marisa, queríanna moito pola sua dedicación e a súa xenerosidade.

Axudou a moitas persoas, incluso pagou a carreira, a lo menos a tres nenos.

Cando se xubila vense para Lugo e vive no Gran Hotel de Lugo.

No ano 2003 ingresou nunha residencia en Madrid (Sanyres de las Rozas) onde viviría ata sua morte.