Naceu o 15 de novembro de 1905 en O Cádavo-Baleira e morreu en A Fonsagrada o 10 de maio de 1990.
Seus pais foron Balbino Fernández (1864, Perrelos, Esperela, Baleira, comerciante) e Carmen Fernández (1870, A Fonsagrada). Seus avós paternos foron Manuel Fernández (Perrelos) e Petronila Fernández (Ribadeo), e os maternos Juan Fernández de Braña (A Fonsagrada) e María López Villar (A Fonsagrada). Tivo oito irmáns. Casou con Manuel González Graña (médico) e tivo tres fillos: un avogado, unha farmacéutica e unha ama de casa.
Estudos de Primaria e Bacharelato
Fixo os estudos primarios no Cádavo. Os estudos de Bacharelato completounos no Instituto General y Técnico de Lugo.
Estudos universitarios
Estudou na Universidade de Madrid, licenciándose en 1929.
Carreira profesional
Traballou como farmacéutica na oficina de farmacia en A Fonsagrada ata a súa morte. Realizaba análises periódicas do cloro da auga e de mostras de viños, así como de fariñas dos establecementos comerciais do municipio.
Foi Inspectora Farmacéutica Municipal de Castroverde, Suplemento del BOE nº 258, 14 de Septiembre de 1956, Escalafón de Farmacéuticos Titulares, Inspectores Farmacéuticos Municipales, onde figura co nº 1172 e con 13 anos de antigüidade.