Naceu o 12 de maio de 1918 en Vilares (Merille, Ourol), e morreu o 17 de xaneiro de 1992 en Ferrol.
Os seus pais foron José Vázquez Barcia (1879, Burgo, Muras, labrador) e Carmen García Polo (1881, Vilares, ama de casa). Seus avós paternos foron Manuel Vázquez (As Pontes de García Rodríguez) e Juana Barcia (Burgo), e os maternos José García e Juana Polo (Vilares). Tivo catro irmáns: Daniel (médico), María Segunda (farmacéutica), Manuel (médico) e Nieves. Casou con José Rey García (ferroviario) e tivo unha filla, Carmen Rey Vázquez (farmacéutica). Seus netos son tamén farmacéuticos.
Viviu en Santiago de Compostela, A Coruña (nas rúas Barrera, Orzán, Granja e Juan Flórez) e tamén en Ferrol (rúa Breogán).
Estudos de Primaria e Bacharelato
Foi á escola en Vilares (Merille, Ourol). Cabe destacar que a construción dunha escola de nenas e nenos en Vilares fora patrocinada1 en 1913 polo matrimonio Francisco Albo e Bárbara Baonza (trala morte de Francisco continuou o labor Bárbara). O edificio, ademais do espazo para a escola, contaba cunha casa-habitación para os mestres e unha capela. En 1926 o Instituto das Relixiosas Terciarias Franciscanas da Inmaculada Concepción faise cargo do conxunto, e no ano 1933 Bárbara Baonza cede ao Concello de Ourol todo menos a capela, que pasa a uso dos veciños.
Tras deixar Vilares, Remedios estudou o Bacharelato no Instituto de Enseñanza Secundaria de A Coruña.
Estudos universitarios
Estudou na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela de 1939 a 1946.
Carrera profesional
Foi titular de oficina de Farmacia en A Coruña (avenida de Hércules 20) desde o 7 de xullo de 1947 ao 19 de outubro de 1985.
A Farmacia, ben dotada para a elaboración de formulacións, daba tamén información e recomendacións sobre coidados sanitarios e de alimentación á súa clientela.